Kinga Haudek logo BIOGRAFÍA flag_en flag_hu flag_es Follow in Instagram
Follow in Facebook

KINGA HAUDEK:XOIARÍA ARTÍSTICA

Deseños únicos en prata

PEDIDOS ESPECIAIS E CONSULTAS| GASTOS DE ENVÍO| AVISO LEGAL

AVISO LEGAL

PROCEDEMENTO E CONDICIÓNS DE VENDA

Cando vostede realice o seu pedido a través do correo electrónico ou do formulario de pedidos ou consultas, ou a través da tenda en línea, enviarémoslle un correo electrónico confirmando a recepción do seu pedido e pedíndolle os datos que precisamos para procesalo. Comunicarémoslle o total do diñeiro a pagar e, no caso no que decida pagar por transferencia, a conta corriente de destino para a transferencia. Trala comprobación do pago, procederemos ao envío do produto. Asimesmo, informarémoslle acerca do momento do envío do paquete e da data aproximada de entrega.

FORMA DE PAGO

O pago pode realizarse mediante tarxeta de crédito ou débito VISA ou MasterCard utilizando a tenda en línea ou mediante transferencia bancaria. Neste último caso, no momento do pedido procederemos a informarlle da conta na que terá que realizar o pago e do custe total. En canto teñamos constancia do pago, realizaremos o envío de inmediato, que xa teremos previamente preparado.

DEREITO DE DESISTIMENTO

O cliente ten dereito de desistimento, acorde ca lexislación española e europea, polo que poderá poñerse en contacto con nos a través do correo electrónico e desistir da compra nun prazo non superior a catorce (14) días naturais, contados a partires da recepción do produto. A estos efectos, vostede deberá informarnos da súa decisión de desistir do pedido. Comunicarémoslle a forma de devolución mediante correo electrónico. Si o pago se fixera mediante tarxeta de crédito, xeraríamos unha devolución do pago realizado na súa tarxeta. No caso de transferencia bancaria, reembolsarémoslle o prezo pagado. En todo caso, o reintegro produciríase dentro dos 14 días naturais seguintes ao día no que recibamos os artículos devoltos. Vostede so deberá soportar os costes directos da devolución dos artículos e será responsable da disminución do valor dos bens devoltos debido a manipulación dos artículos. Non poderá exercitarse o dereito de desistimento cando o produto non se devolva no seu embalaxe orixinal ou cando no estea en perfecto estado.

PRODUTOS E PREZOS

Indicamos os prezos nas nosas páxinas en Euros, incluindo os impostos legalmente aplicables (o IVE). A venda prodúcese en España e aplicarase o tipo impositivo español (21% IVE no noso caso). Cando recibas o teu pedido na dirección de envío seleccionada, atoparás a factura no interior do paquete. Como servicio complementario enviaremos a sua compra a dirección especificada polo cliente, incluso si esta non está en España. Os gastos de envío non están incluídos no prezo do produto. Cando realiza un pedido das nosas xoias para a sua entrega nun país non pertencente á Unión Europea, podería verse obrigado a abonar dereitos e impostos de importación, que lle serán cobrados no momento no que o paquete chegue ao seu destino. Calquer importe adicional debido o despacho aduanero correrá da sua conta. As políticas aduaneras varían significativamente dun país a outro polo que, para máis información, rogámoslle consulte coa oficina aduanera do seu pais.

SERVICIO DE ENTREGA A DOMICILIO

Enviarémoslle a súa compra á dirección de entrega que nos indique unha vez comprobado o pago. O servicio de entrega realízase a través da compañía MRW (http://www.mrw.es/). Non se servirán pedidos en Apartados de Correos nin hoteis ou outras direccións non permanentes. O coste dos envíos vai depender do destino en cuestión e da modalidade de envío a utilizar (normal, urxente, ...). Consulte os gastos de envío esperados na nosa sección de gastos de envío. Pero teña en conta que os gastos de envío so poderán confirmarse cando teñamos a súa dirección, dado que o prezo final pode depender desta e de costes adicionais non especificados pola empresa operadora de transportes (suplementos de combustible, cambios nas súas tarifas, ...).

SERVICIO DE ATENCIÓN AO CLIENTE

Para calquera incidencia, reclamación ou o exercicio dos seus dereitos, vostede poderá enviar un correo electrónico ao que intentaremos responder nun prazo inferior a 24 horas. Intentamos que tódolos datos consignados nas páxinas web queden libres de erros e correspondan coa realidade. Non obstante, poden existir erros ou inexactitudes polas que pedimos disculpas. Os produtos poden variar mínimamente con respecto as imaxes xa que se trata de producción artesanal, feita manualmente peza a peza. Por senso común, non nos consideraremos responsables de ningunha demora ou falta de cumprimento das nosas obligacións si dita demora ou falta de cumprimento fora atribuible a circunstancias axenas ao noso control. Esto non afecta aos seus dereitos como cliente a recibir o noso envío nun prazo razoable, ou a recibir o oportuno reembolso no caso de que así non fora.

DEREITOS DE AUTOR, DEREITOS INTELECTUAIS E DE PROPIEDADE, MARCAS REXISTRADAS

As imaxes expostas nesta páxina son propiedade de Kinga Haudek. Rexeitamos toda responsabilidade que se derive da mala utilización dos contenidos expostos nestas páxinas e reservámonos o dereito a actualizalos, eliminalos, establecer limitacións ou restrinxir o seu acceso en calquer momento, de xeito temporal ou permanente. Rexeitamos as responsabilidades que poidan derivarse de calquera información non contenida nestas páxinas web. A marca Kinga Haudek e o seu logo quedaron rexistrados na Oficina Española de Patentes y Marcas. Non poderán utilizarse as marcas rexistradas nin a imaxe comercial de Kinga Haudek sin o seu consentimento por escrito. Todo o contido aloxado ou exposto a disposición nas páxinas baixo o noso dominio kingahaudek.com, como por exemplo textos, gráficos, logotipos, imaxes, descargas dixitais, folletos ou recopilacións de datos son propiedade de Kinga Haudek e están protexidos polos respectivos dereitos de autor da lexislación española así como pola lexislación internacional sobre dereitos de propiedade intelectual e dereitos de autor. Todos os contidos, imaxenes, materiais, textos e produtos mostrados nestas páxinas confeccionáronse e son propiedade intelectual de Kinga Haudek. Todos os dereitos quedan reservados.

PROTECCIÓN DE DATOS

Aparte das tarefas propias da recepción dos seus pedidos e do envío dos mesmos ao domicilio indicado, non recopilamos nin guardamos os seus datos personais, dirección ou calquera información que nos proporcione en ningún ficheiro informático ou físico. Do mesmo xeito, non utilizaremos ningunha información que nos dé para enviarlles publicidade, e moito menos para vender esa información a terceiros ou outras empresas. Entendemos que vostede nos autoriza a usar temporalmente os seus datos para os trámites asociados ao envío no momento no que se comunica con nos para solicitar os nosos produtos. De tódolos xeitos, vostede pode en todo momento enviarnos un correo electrónico para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición da información que poidamos ter.

POLÍTICA DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recopilar información sobre a utilización do mesmo e para ofrecerlle servizos e mellorar a súa experiencia de navegación. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten as páxinas web, entre outras cosas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario e do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma na que se utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Hai dous tipos de cookies que se utilizan nesta web:

Cookies técnicas: o único propósito das cookies técnicas é o de “permitir ou facilitar a comunicación electrónica e han de ser as estrictamente necesarias para a provisión do servicio solicitado concretamente polo usuario” (Directiva 2009/136/EC). Estas cookies solo se utilizan con ditos fines e normalmente encárganse de instalalas directamente o titular ou o xestor da Web. As cookies técnicas recopiladas e tratadas na Web pódense dividir en: cookies de navegación ou sesión, que garantizan a navegación e o uso normal do sitio web (o que permite, por exemplo, facer unha compra ou autenticarse para acceder a zonas restrinxidas); cookies funcionales, que permiten a navegación do usuario de acordo con unha serie de criterios seleccionados como, por exemplo, o idioma ou os productos seleccionados durante a compra co fin de mellorar o servicio prestado na mesma.

Cookies de terceiros: son aquelas que permiten crear un perfil anónimo do usuario de acuordo coa súa experiencia de navegación na Web e outros sitios web. O noso sitio inclue outras funcionalidades proporcionadas por terceiros. Vostede pode fácilmente compartir o contido en redes sociais como Facebook, Twitter o Instagram, con os botóns incluidos a tal efecto. A nosa empresa non se encarga de xestionar ditas cookies xa que son cookies de terceiros.

Esta Web utiliza cookies de seguimento relacionadas con redes sociais de diferentes terceiros. Estos plug-in permiten facilitar a experiencia de usuario no Sitio Web. Ditas terceiras partes encárganse de determinar os usos dos datos recopilados por estos plug-ins das redes sociales. A Empresa non ten acceso a ditas cookies, do mesmo modo que ditas terceiras partes non teñen acceso as cookies da Empresa.

As empresas que xeran estas cookies contan cas súas propias políticas de privacidade. Para mais información, pode consultar os seguintes enlaces:

Facebook: https://www.facebook.com/help/cookies/

Instagram: https://instagram.com/legal/cookies/

Twitter: https://help.twitter.com/es/rules-and-policies/twitter-cookies

Pinterest: https://policy.pinterest.com/es/cookies

A Web utiliza cookies de terceiros para fines estadísticos, en particular mediante Google Analytics, un servicio de analítica web desenrrolado por Google. Google utiliza os datos recopilados co obxectivo de analizar o tráfico da Web, xerar informes e compartirlos con outros servicios desenrrolados por Google.

Para mais información acerca da política de privacidade de Google Analytics, pode consultar o siguiente enlace: https://policies.google.com/privacy

LEI APLICABLE E FORO

As presentes condicións xerais axústanse a lexislación española. Calquera controversia xurdida da interpretación ou execución que poidera xurdir en relación ca validez, interpretación, cumprimento ou resolución das relacións comerciais cos nosos clientes, someterase a Xurisdicción e Competencia dos Xuzgados e Tribunais da Cidade de Santiago de Compostela, ca renuncia ao foro que puidera corresponderlle ao cliente, sempre que a lexislación aplicable así llo permita. Os seus dereitos como consumidor quedan totalmente garantidos con esta elección, tanto dentro de España coma na Union Europea

DATOS

O presente sitio web é propiedade de Kinga Haudek, quen é responsable asimesmo do seu mantemento. Os nosos datos comerciais son:
Kinga Haudek, Rua das Hortas 76 - 2, 15705 Santiago de Compostela, España
Número de Rexistro (NIE): Y1476821M - BE2286962

Tenda e taller:
Kinga Haudek, Rua de San Pedro 83, 15703 Santiago de Compostela, España

Kinga Haudek, 2015-2017. Tódolos dereitos reservados. No caso de discrepancia entre esta traducción ao galego e a versión en castelan deste texto, prevalecerá esta última.

PEDIDOS ESPECIAIS E CONSULTAS| GASTOS DE ENVÍO| AVISO LEGAL